“Todo isto repercute na imaxe da vila moi negativamente e consecuentemente no turismo de calidade, motor da economía local e do que tantas familias dependen”.
“É por iso que imos iniciar unha campaña en positivo baixo o lema #OlaConcello para mostrarlle ó Goberno municipal do PP que teñen o pobo abandonado, que non podemos pasarnos outros catro anos vivindo de rendas e devaluando a imaxe da perla da Mariña”, asegura Sisto.
“Esta campaña pretende que a crítica constructiva se desencadene e promova un movemento de cidadanía activa responsabilizada cun futuro de orgullo e prosperidade para a nosa vila”.
O candidato á alcaldía de Foz, Plataforma de Futuro explica que “temos un compromiso implacable para traballar con ilusión e sen descanso para que Foz sexa un referente de progreso sostible, e iso é o que defenderemos en calquera que sexa o foro”.