Site icon Crónica3.com A Mariña

“Foz, Plataforma de Futuro” partirá o venres cara a Madrid para protestar polo ninguneo do Ministerio de Fomento coa carretera da costa

Foz, 20 de abril de 2015.- “A carretera da Costa é un obxetivo urxente. Non podemos permitirnos seguir convivindo con ese perigo real,  e comezar unha temporada estival con esta carta de presentación aos nosos visitantes, porque o verán é o motor de moitas economías familiares do noso pobo. Esto é un despropósito total” afirma o candidato de FPF; Luis Alfonso Sixto.

No medio da nosa campaña #N642aNosaCarretera, que firmaron máis de 900 persoas, técnicos de Fomento viñeron a Foz nunha visita estrictamente privada co Alcalde e de costas ao pobo, para decirlle que nunhas semanas licitarían as obras, 4 semanas despois nada de nada.

O Alcalde afirmou que antes do verán as obras estarían listas pero temémonos que é un ENGANO máis, como o foi o seu programa electoral, un auténtico repertorio de retroceso para Foz.

Por eso pasamos a acción e o próximo venres pasaremos toda a noite na estrada para estar no Ministerio de Fomento pola mañá rexistrando unha petición urxente para a licitación da N642, esperando que a Ministra galega do PP; Ana Pastor nos conteste á cita que lle solicitamos para recibirnos.

Esta situación esconde un problema grave de DEMOCRACIA, unha loita entre os servos das élites dos partidos e os pobos da Mariña, “Foz, Plataforma de Futuro” está aquí pelexando polos veciños que non se sinten representados por este Alcalde sumiso, e que non planta cara ao seu partido, non sabemos que pensaba que significaba ser Alcalde de Foz.

Por todo isto convidamos a que nos acompañen nesta viaxe tanto ao Alcalde como aos políticos municipais, a tódolos veciños, aos colectivos sociales, e en especial a tódolos mozos/as de Foz que por motivos laborais teñen que sair dos seus fogares para residir lexos da súa terra, así coma ós veciños de toda a Mariña.Todas as persoas que desexen acompañarnos deben porse en contacto con nos antes do mércores para planificar a viaxe.

Non nos importan os kilómetros que teñamos que facer, impórtanos defender a dignidade do noso pobo e non fallarlle á nosa veciñanza, iso é o que temos na cabeza dende que nos presentamos a este reto. 

Somos a alterniva da xente fronte aos partidos de sempre!

Exit mobile version