Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz rende homenaxe á cociña caseira coas xornadas ‘La cazuela de la abuela’ entre o 1 e o 3 de maio

Foz, 24 de abril de 2015. Do 1 ao 3 de maio terán lugar en Foz as xornadas gastronómicas da cociña caseira “La cazuela de la abuela”, que organiza o Centro Comercial Aberto focense.

Durante 3 días poderanse degustar nunha quincena de establecementos hosteleiros as propostas culinarias da cociña máis tradicional. Os locais participantes son: A Funcional, A Rula, As Brasas, Asoalta, Bar 78, Anduriña, Dandy, Costumes do Mar, Xoyma, Casa Damián, Fraggle Rock, Conors, O Tangarte Mariñeiro, O Tangarte e Pizzería Xoiña. O prezo da cazola será de 1 euro.

Desde a directiva do Centro Comercial Aberto sinalan que “nesta ocasión citámonos coa cociña tradicional, a cociña das nosas avoas, esa cociña feita con agarimo a lume lento, que nos permitirá saborear caldos, potaxes, fabadas, callos, guisos… Os sabores de outrora serán os protagonistas durante a ponte do primeiro maio en Foz.

O Centro Comercial Aberto anima “a visitar Foz durante eses días e a degustar as preparacións que atoparán nos locais participantes”.

Día da nai
O Centro Comercial Aberto de Foz tamén ten en marcha a campaña do día da nai. Os clientes que ao longo destes días fagan as súas compras nos locais asociados recibirán unha flor para agasallar ás nais. “Queremos ter un agasallo coas nais que celebrarán o seu día o próximo 3 de maio”, engaden.

Exit mobile version