Site icon Crónica3.com A Mariña

FRUGA insiste na creación inmediata dunha interprofesional láctea galega coma marco de negociación

Lugo, 30 de abril de 2015.- Sete cooperativas de Lugo e A Coruña estanse vendo afectadas a día de hoxe pola decisión de duas empresas lácteas de deixar de recollerlo leite; tratase das industrias LAGASA e Logistica Alimentaria. Estas cooperativas teñen a condición de primeiros compradores, e polo tanto a súa función e vender cisternas de leite as industrias. Esta decisión serve única e exclusivamente para aplicar unha nova baixada do prezo do leite as explotacións, o cal se materializa nunha chantaxe das industrias baixo a amenaza de deixar de recoller a súa producción. Esta situació obrigou a moitos gandeiros e gandeiras socios destas cooperativas a ter que vender o seu leite a prezos irrisorios, tendo en conta que nalgún caso non se vai chegar os 0,20 cts por litro.

Nos últimos tempos, a industria láctea aplicou un sistema de contratos nos cales os gandeiros non teñen nengún tipo de decisión a hora de fixar o prezo do leite, poñenche un contrato diante e o asinas ou do contrario deixanche de recollelo leite. A propia industria decide canto produce un gandeiro, a que precio, e se a apuran moito comunica a súa decisión de deixar de recollelo leite para posteriormente aplicar unha nova baixada.

Ante esta situación dende FRUGA preguntamonos, onde está a Consellería do Medio Rural?, e, onde está o presidente da Xunta?. As veces parece que se limita a reproducir as palabras de FRUGA en tempos pasados, chegando a decir que as industrias e a distribución están a afogar os gandeiros. O goberno galego a dia de hoxe, está a vender o sector lácteo galego, non sabemos a quen, nen a cambio de que, xa que noutras comunidades do estado español, están a falar de aprobar un plan lácteo, como é o caso de Castela-León, en cambio os gandeiros galegos non existimos na axenda do señor Feijoó, somentes para facer algunha foto en visperas de eleccións.

Igualmente, é preciso recordar as palabras da ministra de Medio Ambiente, Rural e Marino, nas cales díxo textualmente que os gandeiros non saben negociar. Dende logo esto demostra que esta señora non sabe o que é unha negociacion, nen como se establecen as relacións de producción entre gandeiros e industrias. Tratase dun insulto o propio sector productor.

Dende o nacionalismo organizado queremos dar unha resposta de País a esta situación de ataque permanente a un dos nosos principais sectores produtivos do rural, polo que temos convocada unha asemblea aberta para abordar este asunto o vindeiro día 2 de maio en Lalín, no Hotel Palacio, a partires das 11:00 da mañan.

Exit mobile version