Site icon Crónica3.com A Mariña

Fútbol 8, fútbol sala e teatro: actividades da ACD Xove para esta fin de semana

Intensa fin de semana para a ACD Xove en actividades tanto deportivas como culturais.

Por unha parte, os benxamíns e alevíns xogaranse a Copa de fútbol 8 ante o San Cibrao e o CD Santiago de Foz, respectivamente. Os partidos disputaranse o sábado 25 de abril no campo da Veiga ás 17.30 horas e o domingo no Municipal de Foz ás 13.00 horas, respectivamente.

Por outra banda, o equipo alevín de fútbol sala disputará en San Cosme de Barreiros a fase final do Campionato Provincial de Fútbol Sala despois de clasificarse tras vencer a pasada fin de semana contra o Colexio Novo de Monforte de Lemos.

10.00 horas: FUNDACION AZKAR F.S – CD.SANTIAGO DE FOZ (1ª Semifinal)
11.00 horas: CD. COLEXIO FRANCISCANOS DE LUGO – ACD.XOVE F.S (2ª Semifinal)

16.30 horas: 3º -4º Posto
18.30 horas: FINAL PROVINCIAL ALEVIN.

20.30 horas: ENTREGA DE TROFEOS.

Teatro
O Salón de Actos do Concello de Xove acolle o acto de clausura da Escola de Teatro da ACD.XOVE este domingo 26 de abril coa representación de tres obras teatrais nas que participan tódolos nenos e nenas da Escola. As obras van serán “Os soños na gaiola”, “O Príncipe Feliz” e “Os vellos non deben namorarse”. O acto dará comezo ás 19.00 horas.

Exit mobile version