Site icon Crónica3.com A Mariña

Gabriel Galante cae en oitavos do Campionato de España júnior

dani-gaby-crisGabriel Galante Briones asistía por primeira vez á cita nacional da categoría júnior a pasada fin de semana onde se enfrontaba á distancia olímpica, os 70 metros.

O XXXVIII Campionato de España Junior celebrábase en Madrid ante o vento e a chuvia que afectaron ás puntuacións xerais. Aínda así, Gabriel Galante, do club IADOVI de San Cibrao, lograba bater o récord persoal nesta distancia. Deixa agora o listón nos 612 puntos sobre 720, fronte ós 537 que marcaba no XXXIX Campionato Galego Veterano, Senior e Junior celebrado o pasado verán en Valdoviño.

Clasificado na décima posición, medíase na primeira eliminatoria ó representante da Federación Catalá, Roger Hermosilla, ó que vencía en dezaseisavos por un cómodo 6-0.

Pola contra, o domingo cía no seu primeiro enfrontamento de oitavos contra o madrileño Ken Sánchez, ó que logra gañarlle o primeiro set. Con tan só un punto por cada set, o madrileño logra remontar e gañar por 6 -2.

Máis tiro con arco
Mellor sorte correron os seus compañeiros Galegos, Cristina Castro Barcala do Club Silex de As Pontes (A Coruña) continuaba en competición caendo en cuartos contra a tamén madrileña Oceanía Rico García.

Por outra banda, o irmán de Cristina, Daniel, logra superar a todos os seus adversarios proclamándose Campión de España.

A próxima cita será en maio no segundo encontro da Liga de Cadetes onde Gabriel intentará mellorar a segunda praza. A este encontro acudirá tamén o seu compañeiro de club, Francisco Melo Botelho, que debuta a nivel nacional.

Exit mobile version