As monitoras explican que “o día internacional de concienciación sobre o ruído é unha actividade que se desenvolve anualmente a nivel mundial desde hai máis de 20 anos, o último mércores do mes de abril, co propósito de promover o coidado do ambiente acústico, a conservación da audición e a concienciación sobre as molestias e danos que xeran os ruídos”.
As actividades relacionadas co día internacional sen ruído en España están organizadas desde hai anos pola Sociedade Española de Acústica coa colaboración de diferentes organismos públicos e entidades privadas.
Desde Gaia sinalan que “o ruído está considerado como un axente contaminante do mundo moderno, o axente contaminante invisible, e hoxe en día os individuos e as comunidades non aceptan que o ruído sexa un produto natural de desenrolo tecnolóxico, e en consecuencia debese regular e controlar”.
En engaden que “o ruído, como outros axentes contaminantes, produce efectos negativos no ser humano, e constitúe un grave problema medioambiental e social. A loita contra o ruído é unha acción individual e colectiva, o ruído non o fan solo os demais, senón que o facemos todos. A loita contra o ruído precisa, polo tanto, da concienciación e colaboración cidadá, así como dunha implicación decidida e eficaz das administracións competentes, cunha lexislación e normativas adecuadas”.
O alumnado do Ceip Virxe do Carme de 2º de primaria participou nunha actividade titulada Os sons do noso pobo. O alumnado atendeu ás explicacións das monitoras do centro Gaia sobre os sons, os ruídos e a contaminación acústica e realizaron un xogo on-line sobre ruídos e sons do noso entorno. As monitoras intentan concienciar ao alumnado sobre o problema do ruído, os perigos que ocasiona e valorar o ruído como unha forma de contaminación.