Site icon Crónica3.com A Mariña

González Barcia asumirá a Delegación municipal de Mar se é reelixido alcalde

Burela 9 de abril de 2015.- Dada a relevancia que ten o sector do mar para o municipio, o actual rexedor e candidato á alcaldía de Burela, José María González Barcia, anunciou este xoves a súa decisión persoal de asumir as competencias municipais de mar se é reelixido alcalde.

O popular manifestou que a defensa deste sector está por encima de todo e destaca a súa prioridade para poder continuar fomentando, creando emprego e xerando riqueza na zona.

“Somos conscientes de que o sector quere seguir pescando e a ser posible incrementando a súa actividade”- lembrou González Barcia, quen se comprometeu a apoiar totalmente ao mundo do mar ao ser o propio sector o que quere e desexa a súa continuidade no futuro.

“Os representantes deste sector saben que poden contar co PP e comigo persoalmente”- sentenciou González Barcia.

INFRAESTRUTURAS MARÍTIMAS
O rexedor e candidato popular enumerou tres aspectos aos que hai que dar continuidade pola súa importancia para a súa actividade pesqueira e económica en xeral da vila. Estes son:

1. Acabar o acceso ao porto. O rexedor, quen recordou que as obras avanzan a moi bo ritmo, explicou que se trata dunha obra que os populares impulsaron e xestionaron dende o goberno municipal e ninguén dubida de está sendo unha realidade.

2. Traballar na elaboración do proxecto e construción do novo martillo en diagonal desde ABSA. O popular lembrou que as obras de prolongación do martillo actual xa están en marcha

3. Impulsar a implantación de actividade empresarial vinculada co sector nos case 40 mil metros cadrados existentes na zona do Berbés. González Barcia manifestou que actualmente xa se esta instalando unha empresa.

Exit mobile version