
O alcalde, José Mª González Barcia, asistiu na tarde deste mércores á inauguración dunha mostra na sala de arte do Concello, que se enmarca dentro da Semana das Artes da Mariña. Na exposición participan centros coma o IES Monte Castelo, o CEIP Vista Alegre, o colexio de Nois ou Aspaname, de Viveiro, entre outros. O rexedor dixo que “a través dos valores da cultura e da arte maniféstanse as personalidades da xuventude e da infancia”.