Site icon Crónica3.com A Mariña

Iniciada a construción dun tanatorio en Cervo

camara 6Cervo, 30 de abril de 2015.- Promovido por Víctor Pernas xerente de Funerarias Mariña, S.L. de Burela, o edificicio terá unha superficie construída total de 1.271 metros divididos en dúas plantas. Este novo edificio contará cun gran vestíbulo central, salas velorio e para familiares, cafetaría-bar con máquinas de vending, unha zona administrativa con despacho, unha exposición para féretros, unha sala de tanatopraxia, vestiarios e aseos, cocheira para vehículos fúnebres, así como espazo para almacéns. Actualmente, paralelamente á construción do tanatorio, estase a tramitar a instalación no mesmo edificio dun crematorio cunha zona para a introdución do féretro e outra para o forno así unha sala de despedida do defunto antes da cremación.

A edificación foi proxectada polo arquitecto burelés Rubén Fernández Lombardero que a define como “un espazo moderno, amplo, funcional e moi luminoso, onde prima a sobriedade sobre o superfluo” en canto á forma do edificio considera que se trata de “un edificio contemporáneo, de volumes claros e liñas rectas, onde a sinxeleza formal transmita a serenidade propia dun edificio deste uso”.

Exit mobile version