Site icon Crónica3.com A Mariña

IX Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, unha xornada chea de actividades

Riotorto, 16 de abril de 2015.- Na xornada do vindeiro domingo día 19 de abril terá lugar en Riotorto a novena edición da Feira de Artesanía do Ferro, espazo divulgativo para poñer en valor este oficio ancestral de gran arraigo no concello e no que os ferreiros coas súas demostracións en vivo amosarán aos visitantes a forma de traballo deste oficio na zona.

Ao longo da xornada, a artesanía do ferro será a protagonista desta cita, iniciativa do Concello de Riotorto e da Asociación para a Promoción dos Ferreiros da localidade.

Na cita do vindeiro domingo serán 4 os ferrreiros de Riotorto que participarán na cita (Jomaca, MAF, Oscar Villada, Faustino Iglesias) e estará acompañados polos Ferreiros da Fonsagrada, polo ferreiro austriaco Friederich Bramsteidl, así coma polos ferreiros das Forjas Brun de Navarra.

Dende as 11 da mañá a feria permanecerá aberta para que tódolos visitantes poidan disfrutar das demostracións en vivo de artesanía do ferro así como das demostracións de oficios coma cestería, pirograbado, alfarería, torneado madeira, tecería, e un obradoiro do ferro dirixido ao público infantil. Máis de 100 artesáns e expositores ofrecerán os seus produtos a todos aqueles que se acheguen a Riotorto para disfrutar dunha xornada onde a tradición e o lecer se entremezclan ofrecendo unha oferta de actividades moi ampla e variada.

Ademais, haberá animación musical durante toda a xornada cos gaiteiros de Riotorto, animación de Rúa co grupo Os Indianos e o Mago Pi e como peche final contaremos coa actuación da Banda Municipal de Música de Ribadeo.

INAUGURACIÓN OFICIAL: 12 horas

Exit mobile version