Kessarys Joyeros (rúa da Lamestra, número 5, Burela), en colaboración coas prestixiosas marcas de Tissot Swiss Watches e Viceroy, uniu en 2014-15 a súa imaxe a Antoñito, inspiradísima referencia ofensiva dos laranxas na Copa de España Cidade Real 2015. Así mesmo, tamén seguiu colaborando coa entidade burelista, con asentos reservados con entrada gratuíta personalizada, publicidade estática e dinámica dos leds multimedia no pavillón Vista Alegre, ademais da súa clásica participación no Calendario Laranxa 2015.