Site icon Crónica3.com A Mariña

Lagoa vence na xornada deportiva das II Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz

Alfoz acolleu este sábado 18 de abril a segunda xornada das súas II Olimpíadas Interparroquiais. Tratábase neste caso da proba de Fútbol Sala na que se rexistrou unha alta afluencia de público, con varios centos de espectadores.

Nos cuartos de final os resultados foron:
O Castro 1 – Adelán 3
Lagoa 2 – Bacoi 0
Carballido 6 – Reirado 2
Mor 4 – Terras Altas 2

En semifinais os resultados foron:

Carballido 2 – Lagoa 3
Adelán 0 – Mor 4

Non puido repetir final a parroquia de Carballido, que fora a campioa o ano pasado, sendo eliminada por Lagoa, á que vencera na final do ano pasado.

O acto estivo presentado por Ángel Vizoso e Claudia Pena, contando coa presenza con Jorge, árbitro de Foz que dirixiu os enfrontamentos. No aspecto técnico traballaron Lucas Rega e Dani Cao.

A gran final entre Lagoa e Mor rematou con empate a 4 goles, despois de remontar Lagoa un resultado de 4 a 1 favorable a Mor. Nos penaltis venceu Lagoa por 6 penaltis transformados contra 5 de Mor.

O máximo goleador do campionato foi Santi Otero, do equipo de Lagoa.

Nas clasificación das Olimpíadas Lagoa obtén 200 puntos, colocándose en cabeza das mesmas, mentres que Mor, cos 150 puntos obtidos polo seu subcampionato en Fútbol Sala, colócase segundo na clasificación, que queda así:

1. Lagoa: 361 puntos.
2. Mor: 306 puntos.
3. Adelán: 244 puntos.
4. Bacoi: 212 puntos.
5. Terras Altas: 211 puntos.
6. O Castro: 200 puntos.
7. Carballido: 198 puntos.
8. Reirado: 192 puntos.

Exit mobile version