Site icon Crónica3.com A Mariña

Luis Iglesia e Xavier Deive poñen en escena en Barreiros ‘Sede de mal’

Barreiros, 22 de abril de 2015. A compañía Boneca Lareta representará o vindeiro domingo, 26 de abril, en Barreiros a obra Sede de mal. Será ás 19.00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

O reparto está formado por Luis Iglesia e Xavier Deive, dous dos actores mais importantes da escena galega, participantes en series de éxito como Matalobos e Gaivotas subterráneas. Sede de mal é un espectáculo cheo de humor, teatro e música en directo.

Boneca Lareta chega a Barreiros a través do programa Cultura no Camiño 2015, do Agadic e a Xunta de Galicia, e conta coa colaboración do Concello barreirense.

Exit mobile version