Site icon Crónica3.com A Mariña

Martín Graña e Seve Salgueiro, novos responsábeis comarcal e de organización de Galiza Nova A Mariña

galiza-nova-mariñaGaliza Nova realizou a súa XIII Asemblea Nacional hai pouco máis duns meses en Santiago de Compostela, onde se reelixíu a Alberte Mera como Secretario Xeral da organización xuvenil nacionalista durante os vindeiros 2 anos. Con posterioridade a esta elección, os órganos locais e comarcais celebraron asembleas abertas para a escolla das novas responsábeis.

Na Comarca da Mariña, Martín Graña e Seve Salgueiro resultaron escollidos como Responsábel Comarcal e Responsábel de Organización, respectivamente.

As dúas novas responsabilidades coincidían en que é un reto que afrontan con ilusión. Aliás, Graña destacaba que nas mans da mocidade está convertir Galiza Nova nunha organización “máis dinámica, máis activista. Con capacidade para achegar mocidade ao proxecto do nacionalismo e do BNG, no que cremos e ao que queremos chamar a mozas e mozos de Galiza para construír un País con futuro e traballo, no que non nos condenen á emigración”.

No período que comeza, as mozas e mozos do BNG afirman que continuarán a “traballar na defensa do estudantado, dos servizos públicos, dos dereitos reprodutivos das mulleres e do dereito ao traballo digno, entre outros”, pois din estar “convencidas de que hai moita ilusión por mudar este sistema putrefacto que nos oprime”.

Exit mobile version