Site icon Crónica3.com A Mariña

Mata foi intervido con éxito

mata-intervencionO pichichi do Burela FS Pescados Rubén, Jorge Valhermoso Matamoros, foi intervido con éxito este venres na Clínica Cemtro de Madrid. O doutor Enrique Ibáñez, especialista en Traumatoloxía, Ortopedia e Medicina do Deporte, foi o encargado de realizar a intervención do xogador por un desgarro do ligamento cruzado anterior do xeonllo esquerdo.

O pivote laranxa viuse obrigado a abandonar a pista fronte ao Uruguay Tenerife o 28 de marzo; ademais da devandita lesión, as probas tamén revelaron unha pequena rotura do menisco externo e leve escordarua de ligamento lateral interno. O xogador, que será dado de alta nos vindeiros días, comezará un proceso de recuperación de 6 ou 7 meses na súa casa, en Madrid, arroupado pola súa familia.

O vicepresidente do CD Burela FS Pescados Rubén, José Luis Sáez, quixo agradecer e destacar “a predisposición e profesionalidade con que o xogador está sendo tratado na clínica Cemtro e especialmente polo doutor Ibáñez”.

Exit mobile version