Site icon Crónica3.com A Mariña

Mulleres de toda Galicia e do norte peninsular participarán o 30 de maio no IX Encontro de Palilleiras de Burela

Burela, 10 de abril de 2015. O 30 deencontro-palilleiras maio terá lugar en Burela, na nave de redes, o IX Encontro de Palilleiras que organizan a Fundación Expomar e a asociación cultural e artesanal de mulleres palilleiras As Encaixeiras. Colaboran: o Concello, Absa, Deputación de Lugo e Confraría de Pescadores de Burela. O evento presentouse este venres no salón de plenos do Concello.

O alcalde, José Mª González Barcia, dixo que “desde o Concello e desde a Fundación Expomar queremos axudarlle a esta asociación que continúen a desenvolver esta actividade. O Concello faino a través da subvención anual que lles concedemos e poñendo á súa disposición os recursos materiais e humanos que precisan para este evento e desde a Fundación Expomar tramítanse os permisos para que o encontro se poida celebrar na nave de redes”.

O rexedor sinalou que “de todos é coñecida a vinculación das palilleiras coa cultura mariñeira. Estas mulleres dedican a esta actividade o seu pouco tempo libre e o seu tempo de espera aos mariñeiros que se atopan fora e grazas á mesma obteñen uns ingresos económicos adicionais. Por esa vinculación co mundo do mar é pola que a Fundación Expomar está presente no encontro ao que acudirán palilleiras chegadas de toda Galicia e do norte peninsular”.

A inauguración do Encontro será ás 11:30 horas. Despois ás 12 haberá unha degustación de empanada de pescada. Pola tarde ás 16.30 horas os asistentes poderán disfrutar dun desfile a cargo de Javier Eijo e Jacob de la Iglesia. Ademais está prevista a actuación do grupo de baile e canto tradicional Arume. A exposición cos traballos das palilleiras estará aberta de 10.00 a 13.30 horas e de 16.00 a 19.00 horas.

Exit mobile version