Site icon Crónica3.com A Mariña

Municipais no horizonte

A campaña das eleccións municipais vai comezar en días, e máis que un repaso á xestión dos edís, ás revalidaciones ou non dos alcaldes, de propostas concretas para o día a día dos nosos pobos e cidades, de augurarnos novas iniciativas de xestión. A campaña vaise a centrar na limpeza, non das nosas rúas, senón dos nosos xestores públicos, á vista do panorama dos paseíllos xudiciais e os sumarios interminables.

Na curta historia da democracia española, varias veces tocoulles ás municipais, dobrarlle o pulso ao poder existente na esfera do estado polo descontento popular e transcender por encima do seu ámbito. Estamos nunha desas eleccións, onde o mellor dos edís non pasará a proba electoral, por verse concernido polo desvarío e a golfería dalgúns das súas correlixionarios que o mancillaron coa sombra da dúbida, ou polas políticas austerísimas que lle plantou o seu goberno.

Sigo con interese os anuncios dos programas electorais municipais, o malo e que por tradición nesta terra nordesia brilan pola sua ausencia, porque non podo renunciar á miña paixón municipalista, pero con pavor vexo como as enerxías da cidade vaise a gastar por necesidades inaplazables da poboación máis desfavorecidas, é dicir, en paliar os estragos que a política do PP a nivel nacional fixo sobre o estado de benestar.

Así que desahucio, emigración da nosa poboación nova, atención a parados de longa duración, políticas contra a violencia de xénero, políticas de dependencia ou alimentación infantil, se superponen no frontispicio da campaña, ao elenco de actividades que lles son propias aos municipios.

Poida que a algúns non lle baste xa prometer sobre o Código Penal, ou xurar sobre os Dez Mandamientos, porque a poboación padece hinchazon testicular ou ovarico e fartados, non só de promesas incumplidas senón do pillaxe. Agora toca a rexeneración que van alumar as municipais, pero que ninguén esqueza que o mesmo día no que tratamos de rexenerarnos, hai que seguir ocupándose e xestionar con solvencia, o urbanismo, a auga, a limpeza, o transporte, do tráfico, das nosas actividades sociais, da cultura, dos barrios e aldeas e o sua descentralización, da participación cidadá.

Motivos había para convocar antes as eleccións xerais, e liberar ás municipais de ser a carga da proba cidadá do imaxinario das xerais. Poderiamos deixar aos futuros edís competir con razóns como compatibilizar as súas ideas políticas co concreto do día a día menos sofisticado da súa tarefa xestora.

Otero Regal.

Exit mobile version