Site icon Crónica3.com A Mariña

Novas Xeracións aplaude a boa xestión do goberno burelés e felicita a dirección do IES Perdouro pola ampliación conseguida

Burela, 2 de abril do 2015.- Novas Xeracións Burela felicita o goberno local e a dirección do IES Perdouro polo que ao noso pensar é un é un grande éxito. Esta ampliación era mais que necesaria e toda a comunidade educativa que xira entorno ao Perdouro coñecía o déficit de espazo do centro, por iso o anuncio da ampliación foi fortemente aplaudida por alumn@s, nais e pais e profesor@s. Unha ampliación que estará dotada de 429.000 euros e que suporá unha ampliación de 344 m2 adicados a formación profesional. A ampliación consistirá na creación un novo taller da familia profesional de Fabricación Mecánica no espazo antes destinado a aulas de electrónica e tecnoloxía, así como construír un novo volume de planta baixa, onde se situarán outras dúas aulas taller de tecnoloxía e de electrónica e aseos adaptados.

Cabe destacar que é a primeira ampliación a un centro educativo da vila dende hai mais de 20 anos. Este anuncio mostra o compromiso da consellería de educación e ordenanza universitaria coa formación profesional como saída laboral de moitos mozos e mozas.

Exit mobile version