Site icon Crónica3.com A Mariña

Novas Xeracións eloxia a xestión do Goberno burelés do PP para a recuperación do faro

obras-faro-burelaBurela, a 13 de abril de 2015.- Novas Xeracións felicita ao Goberno do Partido Popular pola xestión rápida e efectiva da reconstrución do Faro, que unha vez mais, demostra o compromiso con Burela e cumpre co prometido.

Para os mozos populares, que o Ministerio de Fomento dispuxese de máis de 400.000 para a obra na pena Burela, e que o faga con tanta rapidez, tendo en conta a situación económica, demostra o compromiso do Goberno de España coa vila.

Na opinión de NNXX, a reconstrución do Faro é unha obra primordial, dado que e a insignia de Burela e compre preservala.

Exit mobile version