Site icon Crónica3.com A Mariña

O 24 de abril estréase en Burela a curta ‘Cara a cara’ contra a violencia de xénero

Burela, 17 de abril de 2015. O vindeiro venres, 24 de abril, terá lugar a estrea da curtametraxe Cara a cara. Será a partir das 20.30 horas no auditorio da Casa da Cultura.

Dende a Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade explican que “no mes de novembro púxose a andar un proxecto do cal agora estamos a recoller os seus froitos. O 5 de novembro convocamos aos mozos e mozas de Burela para participar nun proxecto de prevención contra a violencia de xénero. Tratábase dun casting para a posterior gravación dunha curtametraxe. E esa curtametraxe será a que se estree o vindeiro 24 de abril”.

A Concellería de Igualdade enviou cartas informativas a todas as asociacións de Burela convidándoas a asistir a esta proxección.

Exit mobile version