Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros fai un balance positivo da Semana Santa e subliña que “todo fai presaxiar que o verán será bo”

Barreiros, 6 de abril de 2015.- Todo fai presaxiar que o vindeiro verán será bo, segundo o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, que alude aos centos de persoas que pasaron polo municipio durante a Semana Santa.

O rexedor explicou que “mantivemos aberta a oficina de turismo o xoves e o venres, e por ela pasaron centos de visitantes que se achegaron a preguntar polas praias de Barreiros, pola praia das Catedrais e polo areal que levou o mar, é dicir pola praia de Arealonga”.

Fuente Parga engadiu que “á xente lle gusta esta zona, houbo moita xente que nunca viñera a Barreiros e que marchou moi contenta da súa estancia ou do seu paso por aquí, de aí que todo fai presaxiar que o verán será bo. O tempo axudou bastante. A Semana Santa discorreu moi ben”.

Exit mobile version