Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela mantivo unha xuntanza co director xeral de Enerxía e Minas da Xunta para avaliar a situación na que se atopa a antiga Ecesa

Burela, 28 de abril de 2015.- O alcalde burelés, José Mª González Barcia, mantivo un encontro este martes ao mediodía en Compostela co director xeral de Enerxía e Minas, Angel Bernardo Tahoces, para falar da situación pola que está a atravesar a antiga Ecesa.

O rexedor explicou que “este mediodía mantiven unha xuntanza en Santiago co director xeral de Enerxía e Minas da Xunta, con Angel Bernardo Tahoces, para avaliar a situación de Arenas del Atlántico (antiga Ecesa), xa que parece que hai unha oferta de compra en firme”.

Segundo González Barcia “a opinión tanto da Xunta coma do alcalde é que este asunto hai que tomalo con cautela e na previsión de que todo salga ben e que a unidade produtiva sexa ao final adquirida por unha empresa, a Xunta actuará conforme á lei, no sentido de que facilitará en todo momento a transmisión de todos aqueles dereitos, etc, aos que puidera haber lugar”.

E engadiu que “neste punto, aínda sendo moderadamente optimistas, hai que ver como discorre todo o procedemento, xa que tanto Xunta coma Concello somos alleos ao mesmo”.
O alcalde lembra que “desde o Concello estivemos en contacto permanente co administrador concursal para ter coñecemento do devir das cousas, e tamén mantivemos reunións co comité de empresa. Nos vindeiros días agardamos manter unha nova xuntanza cos representantes dos traballadores”.

Exit mobile version