Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG-Asembleas Abertas presenta en Cervo unha candidatura “ampla e plural”

bernardo-insuaCervo, 21 de abril de 2015. O BNG – ASEMBLEAS ABERTAS en Cervo presenta unha candidatura totalmente renovada para as eleccións municipais de maio. Entre as 19 persoas que integran a candidatura, encabezada por Ramón Luís Bernando Insua, destacan moitas novas caras que proxectan ilusións renovadas e que representan diferentes sectores da sociedade: o mundo da cultura, o asociacionismo, a mocidade, o deporte, o sindicalismo, o ensino ou a emigración forzada polas políticas do Partido Popular que levaron a milleiros de mozas e mozos fóra do noso concello e país. A lista composta por once titulares e oito reservas demostra así a aposta do BNG – ASEMBLEAS ABERTAS por un Cervo para todas as veciñas e veciños.

O cabeza de lista, Ramón Luís Bernardo Insua, é o actual responsábel local do BNG e número dous da candidatura de hai catro anos. Bernardo Insua é coñecido polo seu traballo de dinamización social e deportiva como directivo da S.D. Cervo – Sargadelos, e del destaca a súa gran capacidade de traballo e entrega na organización de diferentes eventos sociais na vila de Cervo. Bernardo Insua sucede deste xeito no posto número un da lista a Xoán Antón Estúa, que pecha a candidatura titular no número once. Estúa ocupa agora un posto de honra, despois de ter sido portavoz municipal do BNG en Cervo durante os últimos doce anos, e desde un segundo plano seguirá traballando coa mesma forza que o fixo até o de agora.

As persoas que concorren na candidatura do BNG – ASEMBLEAS ABERTAS consideran que o cambio é necesario en Cervo, e únense ao proxecto nacionalista para lograr tres obxectivos: cambiar as fórmulas de actuar desde o Concello, rematar coa endogamia e abrir o Concello á participación da sociedade. En palabras do candidato nacionalista, “cómpre recuperarmos o concello para poñelo ao servizo de todas e todos extirpando a endogamia, o amiguismo e as redes caciquís do actual alcalde. Queremos rematar coa desigualdade, a precariedade, a falta de transparencia e de participación social para abrir o noso Concello ao conxunto da sociedade”.

Desta candidatura destaca o numeroso número de independentes ou persoas que nunca tiveran formado parte de listas políticas. Como afirma o número un da lista, desde BNG – ASEMBLEAS ABERTAS en Cervo “abrimos a candidatura aos veciños e veciñas do concello, incorporando un numeroso grupo de persoas non afiliadas que quixeron sumarse ao proxecto e que supoñen máis da metade dos postos da lista. Trátase de caras e perfís novos que contrastan coa continuidade e co de sempre que presentan as outras dúas opcións que concorren ás eleccións municipais de maio”, afirmou Bernardo Insua.

Para o candidato do BNG – ASEMBLEAS ABERTAS en Cervo “a espectacular perda de poboación desde a chegada do Partido Popular ao goberno municipal é un síntoma da incapacidade e ausencia de iniciativas para enfrontar esta grave problemática”. Bernardo Insua afirmou neste sentido que “sendo o concello a administración mais próxima ao pobo, debe converterse nunha ferramenta de dinamización económica e social para recuperar poboación, dinamismo socio-económico e ofertar saídas a mozas e mozos obrigados a marchar da terra por falta de oportunidades”.

Para acadar estes propósitos, o BNG – ASEMBLEAS ABERTAS presenta a seguinte candidatura:

CANDIDATURA BNG – LISTAS ABERTAS CERVO
1.- Ramón Luís Bernardo Insua
44 anos, traballador nunha empresa de seguridade, directivo da S.D. Cervo–Sargadelos

2.- Ibán Sánchez Rodríguez
37 anos, traballador de Alcoa

3.- Diego Fernández Martínez INDEPENDENTE
28 anos, traballador nunha auxiliar de Alcoa, delegado sindical da CIG, xogador do C.D. San Cibrao

4.- Elisa Pérez Vázquez
46 anos, guía da Casa da Administración en Sargadelos, presidenta da Asociación Karricanta

5.- Olga Castro Vázquez INDEPENDENTE
35 anos, foi xornalista e tradutora, e tras doutorarse na Universidade de Vigo en 2010 tivo que emigrar a Reino Unido, onde é profesora de universidade en Birmingham

6.- María Xosé Prado Viamonte INDEPENDENTE
54 anos desempregada, despedida de cerámicas Sargadelos, ex – delegada sindical da CIG

7.- Emilio López Arrojo INDEPENDENTE
49 anos, mecánico naval, traballador de Vestas, membro do comité de empresa en Vestas (CIG)

8.- María Fernández Rei INDEPENDENTE
35 anos, licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, na actualidade atópase emigrada en Madrid traballando como tradutora e editora.

9.- Xosé Pérez Saa INDEPENDENTE
51 anos, traballador de Alcoa, veciño da Calvela – parroquia de Vilaestrofe

10.- Xorxe Caldeiro Díaz
48 anos, activista sindical

11.- Xoán Antón Estúa García
50 anos, xoieiro, actual portavoz municipal, responsábel comarcal de organización do BNG na Mariña

Suplentes:

1.- Teresa Lorenzo Oroza INDEPENDENTE
49 anos, psicóloga, traballadora de Correos

2.- Xoán Carlos Barcia Boura
Licenciado en Filosofía, profesor no IES Perdouro

3.- Margarita García Abad INDEPENDENTE
41 anos, desempregada, fotógrafa de vocación

4.- Gumersindo Folgueira Otero INDEPENDENTE
56 anos, xubilado

5.- Manuela Franco Quiroga
56 anos, xubilada

6. Roberto Xermán Pérez Vila
47 anos, traballador de INDITEX, activista sindical na CIG

7.- María Luz Iglesias López INDEPENDENTE

50 anos, mestra, loitadora do ensino público en lingua galega

8.- Enrique Rodríguez Rodríguez INDEPENDENTE

60 anos, escultor

Exit mobile version