Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Trabada denuncia a desidia do goberno local do Partido Popular polo abandono das estradas e bens municipais

OLYMPUS DIGITAL CAMERATrabada, 27 de abril de 2015.- Nestes últimos días estamos a recibir queixas polo lamentable estado das estradas municipais, cheas de buratos coas cunetas e táxeas sucias.

Veciñas e veciños de Fornea, Vidal, Valboa, Vilapena e Sante que nos últimos días mostráronos o seu malestar e preocupación pola falta de mantemento das estradas municipais que en máis dunha ocasión lles ten causado un susto o estar tódolos días esquivando fochancas para non romper os seus coches e tractores.

Os Nacionalistas culpan desta situación ó Alcalde xa que parte destas estradas están coa mesma capa de asfalto de fai 25 anos e nunca estiveron tan mal coma agora, poñemos por exemplo a estrada que une Fornea coa Cadeira ou a de Vilafernando-Valboa, xunto a outras máis que coma éstas se atopan nunha situación lamentable.

Esta situación agravase ó non limparse as cunetas, orixinando durante todo inverno que a auga circule polas vías provocando o seu deterioro de maneira máis rápida ó reblandecer o terreo.

As pistas forestais do noso concello tamén merecen unha mención xa que parte delas están intransitables ó estar cheas de maleza.

Cabe destacar que dende o concello non se fai nada para arranxar as diferentes pontes que están a piques de derrubarse ou xa o están como por exemplo sucede en Trabadela, ou en Xuga, e as veciñas e veciños xa levan esperado demasiado tempo para que se solvente esta situación.

Por outra banda o Bloque tamén quere denunciar o estado de outros bens municipais como pode ser a escola de Vilapercide no que as silvas e as edras están a invadila por completo ata tal punto de que está afectando a estrutura, de non arranxarse con urxencia é probable que acabe derrubándose. No BNG preguntámonos cal é o motivo polo que non se ten arranxado a escola para algunha actividade veciñal ou para alugamento social, antes de que se veña abaixo porque para o señor Yanez Ginzo parece que é preferible que caia e se converta nun montón de escombros.

Exit mobile version