Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG do Vicedo propón un debate público e aberto para que “a veciñanza coñeza e participe das propostas de cada candidatura”

O candidato á alcaldía do Vicedo, Adrián Piñón Domínguez, maila número 2 da candidatura do BNG-Asembleas Abertas, Inma García Escourido, presentaron este venres algunhas das propostas do seu programa electoral:
– Impulsar os nosos sectores produtivos, o agro – forestal e o marítimo.
– Recuperar o abundante patrimonio natural e cultural, que permita revitalizar a economía en sectores como o hostaleiro, o de lecer, e o comercial.
– Apoiar economicamente iniciativas de expansión e/ou creación de empresas, comercialización de produtos locais, cara a un desenvolvemento sostible da economía familiar, así como para a creación de postos de traballo e fixación de poboación.
– Facer que o Concello estea ao dispor da xente, con transparencia en todos os niveis e que sexa útil en todo tipo de xestións administrativas: unha paxina web dinámica, de acceso doado que achegue os servizos de información e trámites ás parroquias coa axuda do persoal municipal.

En definitiva, que O Vicedo sexa atractivo, tanto para quedarse aquí, como para retornar ou instalarse neste precioso cachiño de terra.

E co fin de que a veciñanza coñeza e participe das propostas e alternativas que cada candidatura ofrece, propoñemos un debate público e aberto, cun moderador ou moderadora imparcial.

Exit mobile version