Estoa quixo lembrar e recoñecer o traballo desenvolto por Sandra Acebrás, Carlos Rico e Xorxe Cavodevila, persoas que fixeron parte canda el da corporación nos últimos anos e que nesta ocasión ocupan os últimos postos da candidatura. “ O seu traballo é un aval para a actual equipa do BNG, posto que detrás nosa hai feitos e solucións que é o que se debe esixir a calquera forza política con responsabilidades de goberno e non promesas e descualificacións”, indicou Estoa.
O rexedor de Riotorto destacou “a importante renovación da candidatura nos postos de cabeza, coa incorporación de tres persoas que nunca formaron parte da candidatura do BNG como Anxo Villada, natural de Espasande de Abaixo e mediador de seguros, Ana Gutiérrez, veciña das Rodrigas e Licenciada en Ciencias Políticas, e Daniel Castañal, orixinario da Orrea, veciño de Aldurfe, enxeñeiro e gandeiro . Persoas capaces, implicadas socialmente e que traen novos folgos a unha equipa que seguirá transformando o noso Concello”.
O cabeza de lista do BNG, Federico Gutiérrez Estoa, afirmou que “os homes e as mulleres que forman parte desta candidatura son moito máis que un suma de individualidades, son moito máis que un representación da nosa realidade social ou territorial, son una equipa que cos veciños aspiramos a seguir mellorando o noso presente para construír o futuro. Un equipa, ao fin é ao cabo, que responde a marca Riotorto, isto é traballo, solvencia e honradez”.
A candidatura completa é a seguinte:
1. Federico Gutiérrez Estoa, 50 anos, veciño de As Rodrigas, arquitecto técnico, concelleiro desde o ano 1999 e actual alcalde desde o ano 2007.
2. Anxo Villada Moirón, 49 anos, veciño de Espasande de Abaixo, mediador de seguros, preséntase por primeira vez.
3. Ana Gutiérrez Vidal, 38 anos, veciña de As Rodrigas, licenciada en Ciencias Políticas, preséntase por primeira vez.
4. Wanesa Gómez Lourido, 32 anos, veciña de Galegos, xornalista, é candidata por segunda vez.
5. Daniel Castañal García, 31 anos, nado na Órrea e veciño de Aldurfe, enxeñeiro e gandeiro, emigrante retornado do Reino Unido.
6. Rosa Fernández Ramallal, 43 anos, veciña da Augaxosa, acompañante de autobús, é candidata por segunda vez.
7. Carlos Peña Álvarez, 32 anos, veciño de Vilaseca, gandeiro, preséntase por primeira vez.
8. Severiano Cabodevila Fiallega, 44 anos, veciño de Santalla, constructor, é candidato por segunda vez.
9. Xorxe Cabodevila Logilde, 52 anos, veciño de Santa Marta, operario eléctrico, é actualmente concelleiro do BNG, posto que ocupa desde o ano 2011.
10. Sandra Acebrás Dopacio, 42 anos, veciña de As Rodrigas, hostaleira, actualmente é concelleira do BNG, posto que ocupa desde o ano 1999.
11. Carlos Rico Fernández, 56 anos, veciño da Órrea, mestre e funcionario de prisións, é actualmente concelleiro do BNG, posto que ocupa desde o ano 1999.