A escuadra mariñá dirixida por Iván Cao “Lucas” mídese a un Gironella que esta tempada loita por evitar o descenso, actualmente é penúltimo con 15 puntos, e chegará a Vista Alegre coa idea de “pecharse atrais á espera dun erro noso para xerar perigo” comentou o técnico laranxa que apela á “paciencia e a concentración para xestionar cada momento do partido. Non debemos pecar de exceso de confianza, o obxectivo é conseguir a vitoria que nos permita manter o terceiro posto”. Para este encontro o conxunto burelao non poderá contar aínda con Lara que segue recuperándose dunha escordadura e tampouco coa súa capitana, Maite, que é baixa por unha microrotura nos isquiotibiais da perna esquerda.
Convocatoria Burela FS Pescados Rubén: 1. Jozi, 3. Cris, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 13. Patri, 14. Bea Mateos, 18. Shiori, 19. Paula, 20. Tainã.