Site icon Crónica3.com A Mariña

O candidato á Alcaldía de Viveiro polo BNG, Bernardo Fraga, propón a realización dun debate electoral durante a campaña “aberto e sen condicións previas”

Viveiro, 16 de abril de 2015. En declaracións aos medios, Bernardo Fraga, Candidato á Alcaldía de Viveiro polo BNG, propuxo este sábado a realización dun debate, entre todas as forzas que se presentan ás Eleccións Municipais en Viveiro.

Declarou “Dende o BNG, propoñemos un debate, con tódalas forzas políticas que se presentan ás Eleccións Municipais, un debate aberto, para o que non poñemos ningunha condición previa, e que se celebraría nun dos locais electorais do Concello, durante a campaña e moderado por unha persoa de consenso entre as distintas forzas políticas”.

“No BNG cremos que a confrontación de ideas é a verdadeira forza da democracia, o debate aberto sobre o presente e futuro de Viveiro, sobre o proxecto de cada quen para os vindeiros catro anos”.

Dende o BNG, afirmaron, se as demais forzas políticas aceptan o debate, entre todos crearemos unha comisión formada por un representante de cada organización, que designe os asuntos a tratar, a data e hora do debate e máis a persoa ou persoas que se encargarían de moderalo.

Exit mobile version