Site icon Crónica3.com A Mariña

O Club Kayak de Foz volve de Verducido con boas sensacións

O Club Kayak de Foz participaba esta fin de semana no CGI de barcos de equipo e na primeira regata da Liga Galega Infantil e Alevín; pero tamén no Campionato Galego cadete de inverno sobre a distancia de 5.000 metros para barcos de equipo.

Campionato galego Inverno para embarcacións de equipo
O K2 do Kayak (Juan e Noel) finalizaba na décimo quinta posición parando o crono en 24:08, a 3:40 dos vencedores, Fran Silva e Luis Rodríguez (Club Piragüismo Portonovo).

O Club Kayak, pola súa parte, finalizaba no posto 17 de clubs -un punto por debaixo do Cidade de Lugo e 3 puntos por encima do outro club da provincia, o Fluvial de Lugo-.

Primeira Regata da Liga Galega Infantil para alevíns A e infantís K1
O domingo, o Kayak de Foz púxose de novo en ruta cara a Verducido para disputar a regata aprazada do día 11 de marzo correspondente á primeira regata da Liga Infantil.

O club so participou cun infantil B, Fran Rubios, que chegaba á meta en cuarta posición parando o crono en 15:52. A chegada a meta prodúcese tras un bonito sprint entre os tres fugados sendo o primeiro en entrar en meta Marcos Muñiz do CP Portonovo cun crono de 15:53. A 4 segundos entrou Miguel Paz do CP Verducido e a 13 segundos entrou Adrián Padín do CP Portonovo.

*Foto: Fran Rubio na regata de Viveiro 2014. Thornado.

Exit mobile version