Site icon Crónica3.com A Mariña

O Colectivo Chilindrín presenta as bases do III Concurso Infantil de Carteis da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro

Celeiro, 15 de abril de 2015.- O Colectivo Chilindrín presenta as bases do III Concurso Infantil de Carteis da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro.

1. OBXECTIVO XERAL:
Facer partícipes da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro toda a poboación infantil de Celeiro, do Concello de Viveiro, e por extensión de toda Galicia.

Elaborar un debuxo relacinado coa Festa da Merluza de Celeiro.

2. REQUISITOS DOS PARTICIPANTES:
Poderán participar no concurso todos aqueles nen@s que o desexen ata 12 anos (cumpridos ou por cumprir no ano 2015).

3. CONTIDO DA ACTIVIDADE:
Os participantes deberán realizar un debuxo relacionado co pobo de Celeiro e coa festa da merluza en particular.

Os debuxos deberán facerse á man, non valendo o uso do ordenador.

O debuxo deberá levar o texto: FESTA DA MERLUZA DE CELEIRO.

4. PRAZO:
Os interesados deberán presentar os debuxos antes do día 25-05-2014 inclusive.

Os debuxos deberánse remitir:
Facendo entrega do mesmo a algún membro da Directiva da ACD PENALBA de Celeiro.
Por correo postal á seguinte dirección: Almacén nº20 do Muelle sur de Celeiro. CP 27863. Viveiro. Lugo.

Xunto co debuxo que se presente será necesario que o participante cubra a instancia que consta como anexo 1 destas bases, grapando o debuxo á instancia.

5. EXCLUSIÓNS:
Quedarán excluídos todos aqueles debuxos que non cumpran os requisitos esixidos.

6. FORMA DE CONTROL:
A organización do evento asignará un número a cada debuxo e porá o mesmo número á instancia cuberta, separando o DEBUXO presentado da instancia para así garantir a obxetividade do Xurado.

O Xurado terá á súa disposición os debuxos numerados na súa parte traseira e ditará o seu veredicto nomeando gañador a un número o cal identificará ao gañador.

Unha vez dictado o veredicto polo Xurado este comunicará á Organización o número de cartel elexido e a citada procederá a nomear físicamente ao gañador.

7. COMUNICACIÓN DO GAÑADOR:
O gañador comunicarase antes do día 05-06-2015 a través dos medios habituais de comunicación así como directamente ao gañador do concurso.
O Xurado reservase o dereito a declarar deserto o concurso.

8. VALORACIÓN E XURADO:
O xurado estará formado por:
Presidente da ACD Penalba de Celeiro: Bernardo Fraga.
Concelleira de Cultura do Concello de Viveiro: Covadonga Viamonte.
Representante da Cofradía de Pescadores Santiago Apóstolo de Celeiro: Domingo Rey.
Representante de Puerto de Celeiro SA: Eduardo Míguez.
Representante do CEIP A. Pedrosa Latas de Celeiro: Vicente Míguez.
Actúa como Secretario, con voz e sen voto, o Secretario da ACD Penalba de Celeiro que levantará acta do acordado: Jesús Fernández.

Valorárase:
Orixinalidade.
Estilo.
Técnica.
Expresividade artística.
A relación coa festa a celebrar.
Todos aqueles datos que o xurado considere oportunos.

9. OBRAS PARTICIPANTES:
Cada participante poderá presentar un só proxecto.
Todos os proxectos participantes poderán ser expostos ao público.
O debuxo gañador quedará en propiedade da ACD PENALBA de Celeiro que se reserva o dereito a ediala e utilizala facendo mención ao autor da mesma.
O feito de concursar supón a aceptación das bases do concurso.
O fallo do xurado será inapelable.

10. PREMIO:
Premio único para o debuxo elexido: UN LOTE DE LIBROS.

Exit mobile version