Site icon Crónica3.com A Mariña

O cómico Víctor Grande será o encargado de presentar e amenizar a IV Gala de ACISA o domingo 12 de abril en Ribadeo

victor-grandeRibadeo, 10 de abril de 2015. O vindeiro domingo, 12 de abril, terá lugar a IV Gala de Acisa, que dará comezo ás 21.00 horas no restaurante A Dorada do Cantábrico.

O evento iniciarase cun aperitivo e despois farase entrega dos premios á ribadense do ano e á socia honorífica, que neste 2015 recaeron en Saribel Suárez Rodríguez e en Valentina Fernández Fernández. No acto, que estará conducido e amenizado polo cómico Víctor Grande, intervirán a directora xeral de Comercio da Xunta, Sol Vázquez, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e o presidente de Acisa, Francisco Iriarte. Trala entrega de premios dará comezo a cea.

Á IV Gala de Acisa asistirán, entre outros, o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfonso Fonte; así como representantes dos partidos políticos que forman parte da Corporación Municipal de Ribadeo.

Exit mobile version