En total, o Concello editou 2.000 exemplares “para dar a conocer la riqueza natural y patrimonial del concello y facilitar a vecinos y visitantes su localización y disfrute” polo que “pueden ser un aliciente más para recorrer el municipio”, asegura a edil de Turismo, Begoña Alonso.
En concreto, estas publicacións inclúen unha listaxe de todas as fontes que existen no municipio, un total de 50, distribuídas polas 6 parroquias, e incluíndo as coordenadas GPS para facilitar a súa localización.
Uns folletos cos que se pretende poñer en valor as fontes do concello, e que se suman ás actuacións de limpeza e conservación que se levan a cabo de forma continuada. Ao mesmo tempo, este material é froito das tarefas de documentación e catalogación realizadas nos últimos meses. Un proxecto de conservación, mantemento e valorización das fontes que terá a súa continuidade no tempo.
Placas identificativas
Cabe destacar ademais que o Concello comezou esta semana a colocar placas identificativas naquelas fontes que contan con estrutura, un total de 43. Uns elementos, en azul cobalto, nos que se inclúe o nome da fonte, a súa situación, a parroquia á que pertence, o ano e o código QR para obter máis información.