Unha canalización que precisaba actuacións de mellora, polo que o Concello decidiu acometer unha renovación completa deste tramo na contra de realizar arranxos puntuais, buscando garantir un servizo sen incidencias.
Ademais, estanse instalando válvulas de corte nos edificios. Desta maneira estase individualizando o servizo, polo que no caso de que houbese que facer actuacións ou se producisen avarías, só sería necesario facer cortes de subministro nos sectores afectados. Uns traballos que o Concello está levando a cabo con persoal municipal e recursos propios.