Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Mondoñedo solicita a Augas de Galicia o arranxo do problema de canalización de auga e limpeza do río Valiñadares

Mondoñedo, 28 de abril de 2015. O Concello de Mondoñedo ten presentado o pasado 19 de xaneiro un escrito ante Augas de Galicia “para arranxar de forma de urxente” o problema de canalización de auga do río Valiñadares que abastece ós canais do barrio dos Muíños.

O Concello de Mondoñedo denuncia “que a día de hoxe o problema non esta resolto”. Por iso reclaman “unha solucción urxente”; xa que, segundo sinalan, “o barrio dos Muíños é un barrio emblematico da nosa cidade e estase vendo afectado pola deixadez e o abandono da administración de Feijóo”.

Ademais este mesmo luns 27 de abril, o Concello vén de presentar outro escrito ante Augas de Galicia co fin de pedir “a limpeza e desbroce do río ao seu paso polos Muiños, xa que presenta un estado lamentable”.

O Concello de Mondoñedo demanda a reparación urxente deste tramo do río e a limpeza da súa canle. Dende o ente local aseguran que estan dispostos a colaborar no arranxo da canle e na súa limpeza “sempre que o organismo competente, neste caso Augas Galicia, aporte a mesma axuda e colaboración”.

Exit mobile version