Site icon Crónica3.com A Mariña

O CSI-F denuncia que a subvencion que deu o estado a ALCOA case duplica o salario que aboa esta aos seus traballadores

San Cibrao, 15 de abril de 2015.- Este ano 2015, cada posto de traballo en ALCOA cústalle ao estado 50.000 euros xa que deu unha subvención eléctrica por un total de 140 millóns. Tendo en conta que a platilla das tres fabricas de San Ciprian, Coruña e Avilesino son uns 1.800 traballadores máis uns escasos 1000 traballadores de empresas auxiliares, fan un total de 2.800 postos de traballo, onde estes cobran uns salarios metade máis baixos que o montante de subvención, (no 2014 aínda foi maior que este ano).

Isto fai parecer aos traballadores deste tipo de empresas, como pobres mendigos que vivimos da caridade do estado ou o que é o mesmo da caridade dos cidadáns que paradoxalmente deben pagar a súa factura eléctrica 4 veces máis cara que estas grandes empresas, a maiores duns custos fixos alarmantes, (externos ao consumo eléctrico, contador, moratoria nuclear, etc. ).

Dende o CSI-F aclaramos ás xentes da Mariña, que esta situación é moi diferente xa que o problema está no prezo que marca un sistema de “Monopolio Enerxético” que pasou nos últimos 20 anos de ser o país coa enerxía máis barata de Europa a ser a máis cara e coa alarma social que xa circula en Internet porque se dan os 43 nomes de políticos e familiares que foron empregados a dedo nestas compañías, que se converteron en oficinas de colocación que recolle aos representantes políticos que perderon o seu cargo nas eleccións, ou o feito de que o estado perdoe millóns de Euros de impostos ás compañías eléctricas.

Moitas empresas que por ser máis pequenas, non poden premer ao goberno directamente ou a través dos sindicatos, están a pechar porque os seus produtos deixan de ser competitivos no mercado polo alto custo da electricidade.
O próximo venres está prevista a visita de dous Eurodeputados ás instalacións de ALCOA, o Comité de empresa espera poder comentar o problema con eles xa que dentro duns meses nos volveremos ter que pasar por unha nova poxa da tarifa eléctrica. ALCOA pide que lle dean garantías de prezos para 5 anos ou máis en lugar da indecisión de ano tras ano.

Exit mobile version