Trátase dun audiovisual arredor do asasinato de 9 presos do Val Miñor como represalia á morte dun falanxista e de como durante 40 anos alguén debuxaba 9 cruces na súa memoria e nunca foi descuberto.
A proxección forma parte dun proxecto máis amplo patrocinado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo. Consta, por unha banda, da exposición “40 ANOS DE REPRESIÓN E RESISTENCIA”, comisariada por Antón Grande e Antón Somoza (na sala de Turismo, até final do mes de abril) e, pola outra, de catro actos que terán lugar os venres de abril, dous relatorios sobre a guerrilla na Mariña e dúas pezas documentais.