Site icon Crónica3.com A Mariña

O documental ‘O Piloto’ será proxectado este venres en Mondoñedo

A sala multiusos do Centro Comarcal de Mondoñedo acolle este venres 24 de abril a proxección do documental de Xosé Reigosa con guión de Alfonso Eiré, “O Piloto”.

O pasado 10 de marzo cumpríronse 50 anos da norte de Xosé Luis Castro Veiga. Coñecido popularmente como O Piloto, foi o último guerrilleiro morto en combate en todo o estado español. Pero non foi so o “último guerrilleiro”, senón que xa era un mito ainda en vida. Odiado por uns, amadao por outros, o seu ronsel e as súas fazañas ainda seguen presentes na memoria do pobo. Neste documental falan medio cento de persoas, compañeiros, enlaces, apoios e xentes que tiveron relación con él, para ben ou para mal. Pero tamén se dan a coñecer documentos inéditos que mudarán para sempre a visión deformada que se veu dando históricamente deste guerrilleiro: as relación co PCE, as principais acción, por que sobrevivíu tanto tempo, as causas de continuar a loita, que facía nos últimos anos… E unha entrevista realizada no 1979 á súa compañeira Mirelle. Sen dúbida, unha achega que botará luz á nosa historia recenté, descoñecida, cando non ignorada ou deturpada.

A proxección terá lugar a partir das 20.30 horas.

Exit mobile version