Esta obra musical con bonecos a tamaño real dará comezo ás 17:30 horas.
Desde Educa Teatro preguntan “como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día? Onde poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casiñas? Que ritmos musicais empregarían para se presentar?”. E engaden “a resposta a todos estes interrogantes, coma todo, está nos libros, e tamén na moderna historia que vai construíndo un explorador afeccionado aos contos que percorre o bosque na procura dos seus personaxes favoritos”.