Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno municipal de Mondoñedo saca a licitación as obras da primeira fase da rehabilitación do auditorio municipal e a escola de música

O goberno municipal do Concello de Mondoñedo ven de aprobar os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerá a contratación da primeira fase das obras de rehabilitación do Auditorio Pascual Veiga e da Escola Municipal de Música e proceder á apertura do procedemento de adxudicación do contrato.

O proxecto describe as obras necesarias para eliminar os importantes problemas de filtracións e humidades existentes no edificio a nivel de cubertas e o seu orzamento de contrata ascende a 100.519, 59 euros.

As obras máis urxentes a cometer nesta fase son:

– Renovación total da cuberta axardinada do inmoble, levantando a súa totalidade e volvendo a impermeabilizar con lámina de caucho de triple capa.
– Renovación dos canos e remates.
– Reparación dos lucernarios.
– Realización de operacións de limpeza e reparacións puntuais nas cubertas invertidas da zona da escola de música.
– Formación dos remates de coroación en muros de peche con chapa de zinc.
– Colocación dun sistema de ventilación forzada.

As obras que se acometerán una vez adxudicadas están conveniadas coa Área de Cultura da Deputación de Lugo.

Exit mobile version