Site icon Crónica3.com A Mariña

O GPP aposta polas actividades complementarias para diversificar os ingresos da actividade pesqueira

15 de abril de 2015.- O voceiro de Pesca do Grupo Popular, Joaquín García Díez, asegurou este mércores que os desafíos económicos aos que se enfronta o sector pesqueiro de España esixen establecer compromisos de apoio ao sector para que poida diversificar os seus ingresos e, por iso, hai que apostar polas actividades complementarias á pesca.

Neste sentido, defendeu hoxe na Comisión de Agricultura, Alimentación e Medio unha Proposición non de Lei do Grupo Popular coa que se pretende impulsar a diversificación e o emprendimiento do sector pesqueiro.

“Non partimos de cero”, manifestou García Diez, “o Goberno para abordar a incidencia negativa de redución da frota pesqueira nas poboacións costeiras con participación de xeito significativo da pesca creou o Grupo Técnico de diversificación pesqueira e acuícola (DIVERPES) “.

Foi no marco deste Grupo Técnico de traballo onde se elaborou o primeiro Plan Estratéxico Nacional “DIVERPES 2013-2020” co obxecto de detectar e analizar as debilidades e fortalezas do sector pesqueiro en materia de diversificación pesqueira e acuícola, valorando as catro áreas con potencial máis significativo xeradoras de emprego, turismo, comercialización e transformación, medio e social.

Por iso, son varias as iniciativas que por proposta do Goberno foron incorporadas no regulamento de aplicación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, tales como: a axuda mozos pescadores que queiran adquirir por primeira vez unha embarcación de pesca, as destinadas á formación a bordo dunha embarcación de pesca costeira artesanal, etc., “medidas que todos habemos de poñer o noso empeño en que teñan a maior aplicación”, asegurou.

A igualdade de xénero foi outro aspecto exposto polo voceiro popular como aplicación social do Plan, valorándoo moi positivamente para que a muller teña as mesmas oportunidades para acceder, non soamente ás tarefas de traballo que veñen identificándose como propias, senón tamén para que acceda aos postos de dirección das empresas pesqueiras e organizacións sectoriais pesqueiras.

A recente aprobación da modificación da Lei de Pesca Marítima do Estado incorporando un novo Título destinado a identificar “medidas de diversificación económica do sector pesqueiro e acuícola” na que se regula a oportunidade de desenvolver o turismo pequero ou mariñeiro, o turismo acuícola e a pesca turismo, é unha mostra máis do apoio Popular en buscar alternativas ao sector pesqueiro.

García Díez resaltou tamén a proxección que presentan as áreas de transformación e comercialización dos produtos pesqueiros e acuícolas pola implicación que teñen as poboacións costeiras na súa actividade, principalmente pola obtención de novos produtos que demanda a sociedade e por poder poñer en valor outros de escaso interese comercial, e que partir da prohibición dos descartes han de traerse a porto, actividades que han de ser coordinadas coas Organizacións de Produtores Pesqueiros ou acuícolas.

A intención do Grupo Popular é a incentivación dos profesionais do sector á hora de realizar actividades complementarias na área do medio para garantir a sostibilidade dos recursos. “Como resumen”, dixo García Diez, “na diversificación, o sector pesqueiro español ten aberta unha grande oportunidade para complementar a súa actividade aumentando a súa rendibilidade no próximo período 2014-2010 de aplicación dos fondos comunitarios”.

Para García Díez, “España é un enclave único para aplicar actividades de diversificación pesqueira, pois entre outros aspectos, conta con alta demanda de produtos pesqueiros, grande afluencia de turismo, e riqueza gastronómica e de recursos naturais,”.

Finalmente, precisou que “a todos nos compete impulsar iniciativas como a debatida, para que todas as organizacións participativas do sector pesqueiro e as propias administracións realicen en favor dos pescadores un labor de apoio permanente”, ofrecendo o apoio do seu Grupo para calquera iniciativa que se presente neste sentido.

Exit mobile version