Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Popular reforza a súa aposta pola diversificación e o emprendemento no ámbito pesqueiro

O Grupo Parlamentario Popular defenderá e debaterá na Comisión de Pesca e Marisqueo da Cámara galega, prevista para este mércores 22 de abril, unha unha iniciativa –proposición non de lei- na que insta á Xunta a redobrar a súa aposta pola diversificación e o emprendemento no ámbito pesqueiro.

Ao entender dos populares, tal e como explica o su voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, o mellor xeito de buscar alternativas, mellorar a competitividade laboral e fomentar o crecemento económico das persoas que se dedican á pesca e as súas comunidades é precisamente promover iniciativas en tres ámbitos moi concretos:

· Apoiar ás organizacións de produtores pesqueiros para mellorar a comercialización dos produtos da pesca e da acuicultura, particularmente para afrontar as novas esixencias en materia de etiquetado, calidade e trazabilidade.

· Fomentar a iniciativa empresarial no sector pesqueiro de xeito que contribúa á diversificación dos ingresos dos pescadores mediante o desenvolvemento de actividades complementarias, como os servizos ambientais, actividades educativas ou turísticas.

· Promover a creación de empresas por mozos mariñeiros.

NOVOS FONDOS EUROPEOS
Balseiro explicou que o xeito de que agora presenten esta iniciativa ten moito que ver co período no que nos atopamos: en pleno desenvolvemento dun novo fondo comunitario de impulso para o sector da pesca, isto é, do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, do que Galicia será a principal comunidade autónoma receptora.

Exit mobile version