Site icon Crónica3.com A Mariña

O Partido Popular de Viveiro presentará a súa lista para as municipais este sábado 11 de abril

Viveiro, 9 de abril de 2015.- O PP de Viveiro presentará este sábado 11 de abril, a partir das 12.30 h e no Hotel Las Sirenas a candidatura coa que concorrerá ás eleccións municipais de maio do 2015. A devandita candidatura estará encabezada por Antonio Bouza, ao que acompañarán no posto 2 Jaime de Olano e no 3 Celestino García.

Trátase dunha lista conformada por 12 homes e 8 mulleres cunha media de idade de 40 anos e que presenta unha renovación do 55% con respecto á das municipais do 2011. É unha lista que aspira a gañar as eleccións e darlle así a Viveiro o cambio que necesita para volver ser o referente que nunca debeu deixar de ser.

No acto de presentación estarán presentes o Presidente Provincial José Manuel Barreiro, o Secretario Provincial José Manuel Balseiro, Raquel Arias e varios alcaldes da provincia.

Exit mobile version