Site icon Crónica3.com A Mariña

O Partido Popular de Viveiro súmase ás novas tecnoloxías

O Partido Popular de Viveiro presenta a súa aposta polas novas tecnoloxías como modo de obter un contacto directo e permanente cos veciños, así como para coñecer as súas inquietudes e responder a cantas preguntas desexen formular ao candidato á alcaldía, Antonio Bouza.

Á actual páxina web do Partido –www.ppviveiro.com -, súmanse agora o facebook persoal do Candidato Antonio Bouza –http://www.facebook.com/AntonioBouzaPP-, así como un número de whatsApp 628 649 232, desde onde se dará resposta a todas as preguntas formuladas. Antonio Bouza anima a que se utilicen ambas vías como forma de comunicación e intentará responder todos os días aos asuntos suscitados, xa que será el mesmo quen xestione estes recursos.

O Candidato Popular comprométese cando chegue á alcaldía, a manter estas liñas de contacto directo cos veciños, xa que considera que resultan moi cómodas e moi efectivas para os seus usuarios.

O Programa Electoral para as municipais, que estará finalizado a próxima semana, poderá seguirse e ser consultado, tanto desde a páxina web, como desde o muro da súa páxina en facebook.

Exit mobile version