Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP burelés pecha este luns a segunda e última rolda de conversas con asociacións

Burela, a 26 de abril de 2015.- O alcalde e candidato á reelección polo Partido Popular, José María González Barcia, xunto con membros da súa candidatura, ten previsto manter este luns dúas reunións: unha con asociacións do ámbito do deporte e outra con asociacións do ámbito da cultura.

Estas reunións, que se engloban na segunda ronda de conversas que o PP vén mantendo con asociacións e colectivos de cara ás eleccións do 24 de maio próximo, servirán para explicar as liñas básicas da actuación do PP en deporte e cultura, no caso de que continúe gobernando os vindeiros catros anos.

González Barcia indicou que, a falla de reunirse coas Anpas dos centros de ensino, ACIA, o Vencello e a Comunidade de Montes, pode considerarse pechada a segunda e última ronda de conversas con asociacións e colectivos. “Este traballo fíxose na primeira ronda con tempo de sobra, e agora nesta segunda ronda tamén se fai con tempo suficiente para non mezclar as reunións con asociacións coa campaña electoral propiamente dita, o que podía supoñer un uso fraudulento das reunións”, manifestou Barcia.

Exit mobile version