Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP burelés xestionará un novo pavillón polideportivo

altAk3nAMejIag4Rweeqzf48qh2j0d-UXTld1lvn3gPTygdBurela, a 29 de abril de 2015.- O alcalde e candidato á reelección polo Partido Popular, José María González Barcia, acompañado de parte da súa candidatura, mantivo o pasado luns unha reunión con representantes dos clubes deportivos para explicarlles cáles serán as súas liñas maestras en materia de deportes.

Barcia afirmou que “os tres pavillóns deportivos cos que contamos agora son básicamente pavillóns escolares e o seu uso está xa mui conxestionado; tanto é así, que é mui difícil conxugar horarios”.

“Por eso, engadiu o actual rexedor burelés, temos que comenzar a xestionar un novo pavillón, que deberá ser unha instalación que teña en conta ós distintos deportes e ós distintos clubes para albergar locáis de reunións, almacéns, etc., acorde coa Burela actual, e que solvente problemas de índole varia que agora temos no que se refire a retransmisións deportivas, etc.”.

González Barcia manifestou que “o PXOM fixa solo dotacional para asentar este tipo de infraestructuras, e hai dúas no documento que poden ser de interese. En todo caso, hai que descartar, por connotacións legáis, os terreos propiedade do concello nas proximidades de A Marosa”.

Barcia considera que “esta instalación pode e debe ser posible en virtude da colaboración das diversas institucións, a local, a provincial e a autonómica”.

Ademáis, o candidato do PP á reelección asegurou que “se continuamos no goberno municipal, continuaremos apoiando unhas escolas deportivas municipáis coma as actuáis, para determinados deportes e por suposto garantindo a súa gratuidade. Pero é que tamén creo que se pode ampliar a súa oferta, sempre e cando poidamos contar con monitores”.

González Barcia agradeceu as aportacións dos clubes deportivos e a súa participación nas reunións mantidas cos mesmos de cara á elaboración do programa electoral, e finalizou indicando que “nos próximos días faremos públicos máis compromisos en materia deportiva para os vindeiros catro anos”.

Exit mobile version