Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela presenta este domingo a candidatura para as eleccións do 24 de maio

Burela, a 11 de abril de 2015.- O Partido Popular de Burela celebrará este domingo o acto de presentación da súa candidatura para as eleccións municipáis do vindeiro 24 de maio. O acto terá lugar ás oito e media da tarde no Hotel Nordés.

Como xa é sabido, o actual alcalde, José María González Barcia, encabeza de novo a candidatura dos populares “para acadar a confianza suficiente dos cidadáns e poder así continuar e rematar o traballo comenzado hai catro anos”.

Desde o PP burelés convidan a todos os cidadáns, asociacións e colectivos a acudir ó acto de presentación, “para que a cidadanía e o tecido asociativo coñezan ás persoas que forman parte da nosa candidatura e teñan unha idea clara do que fixemos e do que desexamos facer”. No acto participará, ademáis de González Barcia, o presidente provincial do partido José Manuel Barreiro.

Ó remate do mesmo servirase un viño e uns petiscos.

Exit mobile version