Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela rematará o programa electoral nesta semana

reunion-ppburelaBurela, a 18 de abril de 2015.- O Partido Popular de Burela mantivo este luns unha reunión de traballo de afiliados e simpatizantes para tratar diversos asuntos vencellados coa precampaña electoral e tamén coa propia campaña.

Entre os asuntos tratados figura o programa electoral. O actual alcalde e candidato á reelección, José María González Barcia, afirmou que “o programa electoral está mui avanzado, tanto é así que se pechará nesta mesma semana, xa que a candidatura manterá dúas, ou tres, reunións de traballo para concluilo definitivamente”. Barcia engadiu que “hai que lembrar que hai un mes mantivemos reunións con asociacións e colectivos, e tamén con veciños polos barrios, para recoller aportacións e suxerencias e incorporalas ó documento que estábamos redactando”.

González Barcia manifestou que “na próxima semana manteremos unha nova ronda de reunións coas asociacións para explicarlles as propostas de goberno para os próximos catro anos. Teño que adiantar que moitas das suxerencias e aportacións plantexadas no seu momento están recollidas no documento”. Barcia tamén dixo que “con esta segunda ronda de conversas con asociacións, e agás imprevistos, cumplimos o noso compromiso de telas informadas e sempre e en todo caso antes da campaña propiamente dita”.

Exit mobile version