Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela reúne este luns ós seus afiliados e simpatizantes

Burela, a 18 de abril de 2015.- O Partido Popular de Burela vén de convocar unha reunión cos seus afiliados e simpatizantes para o vindeiro luns 20 de abril, para informar e debatir sobre certos asuntos vinculados coa precampaña e campaña electorais.

Segundo a convocatoria remitida, os puntos centráis a tratar serán a organización e celebración de distintos actos hasta o comenzo da campaña e xa durante a propia campaña electoral.

A dirección do PP burelés tén previsto someter a consideración dos asistentes o documento actual do que será o programa electoral, que se atopa nunha fase moi avanzada, e que se pretende concluír despois desta asamblea e en todo caso a finais deste mes.

Por outra parte, a dirección local do partido informará sobre o momento actual en canto ós axentes electoráis que están xa colaborando co partido e que van colaborar en plena campaña electoral.

Exit mobile version