Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela valora satisfactoriamente a reunión cos colectivos sociais

Burela, a 25 de abril de 2015.- O alcalde e candidato á reelección polo Partido Popular, xunto con membros da súa candidatura, mantiveron onte, venres, unha reunión cos colectivos e asociacións que traballan no eido do social, para explicarlles as liñas básicas do programa electoral co que concurrirán ás eleccións do vindeiro 24 de maio.

Barcia valorou “satisfactoriamente” a reunión, primeira dunha segunda ronda de xuntanzas que o PP fai “para estar en contacto directo coa xente, coas persoas que desde as asociacións dinamizan a sociedade”.

O alcalde lembrou que “o bipartito eliminou as subvencións, agás a tres entidades; que foi o PP quen en 2013 recuperou as subvencións para as asociacións e colectivos, e que foi o PP quen habilitou máis locales con carácter gratuito para as mesmas, co arreglo dunha vivenda dos mestres no Colexio dos Castros”.

González Barcia indicou que “a intención para o futuro é incrementar as subvencións paulatinamente e a medida que a situación económica o permita, e continuar habilitando locáis nas vivendas dos mestres do Colexio dos Castros que se vaian desafectando”.

Barcia destacou “o impulso que desde o concello se lle teñen dado ós servicios sociais, con máis actividades, máis axuda no fogar, e fomentando e apoiando a creación de asociacións vinculadas con certas enfermidades, como Alzheimer, trastornos dixestivos, etc. E nesa liña temos pensado continuar se continuamos no goberno municipal”.

Dentro desta segunda ronda de xuntanzas con asociacións e colectivos, os populares teñen previsto reunirse o vindeiro luns coas de ámtito cultural, por un lado, e coas de ámbito deportivo, por outro.

Exit mobile version